¡DESCARGA NUESTRA APP GRATUITA!
Un helicóptero aterrou este luns no centro de Samos para evacuar un peregrino de nacionalidade alemá que se sentiu indisposto cando percorría o Camiño Francés.
O home chegou en taxi pola mañá sen ningún outro acompañante ao centro de saúde de Samos, onde lle dispensaron as primeiras atencións médicas e solicitaron un helicóptero para o seu traslado urxente a un centro hospitalario.

Unha persoa residente na localidade e que domina o idioma alemán colaborou neste operativo facendo de tradutora entre o paciente e o equipo médico.
O helicóptero aterrou nuns terreos propiedade do mosteiro de Samos situados entre a abadía e o casa do Concello, o que xerou moita expectación entre os veciños e visitantes.
No mes de maio do ano 2019 rexistrouse nesta vila un caso similar, cando un helicóptero medicalizado aterrou tamén xunto ao mosteiro para atender outro peregrino. Naquela ocasión era un veciño de Madrid de 36 anos de idade que facía o Camiño en bicicleta e que resultou ferido na estrada LU-633, á entrada de Samos, ao saírse da vía e caer.
LEER MÁS…
FUENTE: EL PROGRESO
Pincha en el icono del mundo y elige tu idioma para escuchar la publicación.
|
Etiquetado como:Camino Mozárabe, camino, Año Santo, peregrino, Sucesos, sucesos camino de Santiago, EVACUADO, Bomberos de Navarra, Asistencia en el camino de santiago, CAMINO DE SANTIAGO, Radio Camino De Santiago, accidente, Camino Primitivo, helicóptero.